Nós celebramos o Magosto como se debe! A Mariola, a Chave, a Rá, a Billarda, a Comba, as Cadeiras musicais, Carreiras de sacos, Carreiras de culleres, Turra Soga, o xogo do Pano...
Agradecementos especiais ao profesorado e alumnado de FP na elaboración do xogo da Chave e por suposto, a todo o alumnado de 4º da ESO, que organizou e supervisou as actividades para que todos puideramos desfrutar dunha mañá moi divertida.